Padroado
Casa da Troia

A Asociación de Antigos Tunos Composteláns serviu de base para crear un Padroado que preside o reitor da Universidade de Santiago e no que tamén figuran o Concello de Santiago e a Xunta de Galicia.

O Padroado da Casa da Troia constituíuse o 16 de novembro de 1980. Nos seus estatutos fundacionais establecíase que a súa finalidade principal era “a creación e conservación dun Museo Troiano, no que se recollan os mitos e realidades da vida estudantil compostelá e o contorno social; recoller e fomentar as tradicións universitarias compostelás; e colaborar na promoción e realización de actos culturais na cidade”. Cumprindo co seu propósito, o Museo Casa da Troia inaugurouse o 27 de febreiro de 1993.

Composición do Padroado