Visita do Concello de Santiago ao Museo

A concelleira responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, e o concelleiro responsable de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Gumersindo Guinarte, visitaron o Museo Casa de la Troya.  Foron guiados no seu percorrido polas explicacións do director do Museo, Benigno Amor, quen lles informou sobre todas as actividades que se levaron a cabo este ano, no que se conmemora o 150º aniversario do nacemento de Alejandro Pérez Lugín, e as que non se pudieron realizar debido á situación sanitaria pero que se retomarán en 2021. É o caso das visitas dos colexios de Santiago e a súa comarca enmarcadas no proxecto “O gato verde da Casa da Troya” e as actuacións do grupo de pulso e púa do museo “Troyanos de Compostela”. Amor salientou que este ano, a pesar da pandemia, o museo superou os 1.000 visitantes.

Mercedes Rosón asinou no libro de visitas do museo, agradecendo “este percorrido emocionante pola historia de Compostela, da nosa centenaria Universidade e da vida nun momento moi importante, que foron os anos nos que se desenvolveu a xa universal Casa de la Troya de Pérez Lugín”. Pola súa parte, Sindo Guinarte referiuse a “unha visita chea de lembranzas do espírito universitario por este espazo que tan ben reflicte un tempo que é historia da nosa Universidade e da nosa cidade” e salientou a importancia de “darle valor a este espazo único”.

Scroll to top