Anxo M. Lorenzo presentando a Exposición sobre Lugín

Lugín, protagonista da derradeira exposición da Biblioteca de Galicia no 2020

Santiago de Compostela, 21 de Decembro de 2020

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia a exposición Lugín en Compostela, 150 anos do seu nacemento unha mostra coa que a Xunta de Galicia rende homenaxe ao autor da célebre novela La Casa de la Troya a través dun percorrido histórico sobre o impacto desta publicación e os vínculos do xornalista coa cidade de Santiago de Compostela.

Como explicou o representante da Consellería de Cultura durante o acto, trátase dunha exposición “imprescindible” para coñecer a “sólida relación” de Pérez Lugín con Galicia e poñer en valor “a fonda pegada que La Casa de La Troya deixou na literatura como referente da denominada novela estudantina a través dunha excelente descrición da Galicia”.

A Biblioteca de Galicia expón así deferentes pezas e exemplares únicos a través de cinco eixos temáticos. O primeiro deles céntrase na cidade de Compostela en tempos da Casa da Troia, mentres que o segundo afonda no impacto da novela e do emprego da linguaxe expresiva na época. O terceiro dos eixos baséase nas versións teatrais e cinematográficas das publicacións e o cuarto nos libros que tratan sobre a Casa da Troia, entre eles a primeira edición de La Casa de la Troya, de 1915, cuxa portada fixo Castelao e que recibiu en 1916 o premio Fastenrath da Real Academia Española. O último dos apartados leva o título de A Casa da Troia: un fenómeno editorial.

Lugín en Compostela, 150 anos do seu nacemento poderá verse, con entrada gratuíta, na Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura ata o 5 de marzo en horario de 10,00 a 20,00 horas.

Scroll to top