Troyanos de Compostela ofrece un concerto no Auditorio Municipal Cine Alovi das Pontes o 15 de febreiro, a partir das 18:00 horas. As entradas poden adquirirse a un prezo de 3 euros na páxina web https://aspontes.sacatuentrada.es/ e unha hora antes da función na billeteira do propio auditorio. A actuación forma parte das actividades culturais da 45ª Feira do Grelo.

O director do Museo e presidente da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, Benigno Amor, amosa a súa satisfacción por seguir cumprindo, a través de Troyanos de Compostela, os obxectivos cos que se constituíu a asociación. “O noso concerto será unha pequena viaxe a Santiago de Compostela no tempo e no espazo, co fío argumental da novela de Pérez Lugín. Deste xeito, achegaremos o espírito do Museo mediante a divulgación de pezas de composistores galegos da época” -indica-.
“Viva Galicia! A música no tempo de La Casa de la Troya”
No Auditorio municipal das Pontes a agrupación ofrecerá un programa de preto de dúas horas, que inclúe pezas do seu disco Viva Galicia! A música no tempo de La Casa de la Troya. Fará de narrador o actor Suso Martínez, interpretando a Casimiro Barcala, personaxe da novela de Lugín, que trasladará ao público á Compostela da época.
O noso concerto será unha pequena viaxe a Santiago de Compostela no tempo e no espazo, co fío argumental da novela de Pérez Lugín. Deste xeito, achegaremos o espírito do Museo mediante a divulgación de pezas de composistores galegos da época
Benigno Amor
“O programa inclúe tanto pezas tan coñecidas como Lela, Unha noite na eira do trigo ou Os teus ollos, como outras menos habituais ou recuperadas do esquecemento, como Manoliño ou La Alfonsina. Tamén interpretaremos temas emblemáticos da tradición universitaria compostelá, como Tuna Compostelana ou Fonseca; novas composicións inspiradas na cidade, como Rúas de Compostela, e pezas do cancioneiro popular galego, entre elas Foliada do Rueiro e A raíz do toxo verde. Por iso animo tanto a quenes coñecen a novela de Lugín como á xente nova a que se acheguen ao Auditorio das Pontes para que desfruten de cancións tan populares para o público de toda Galicia”-apunta Amor-.
