Asociación de Antiguos Tunos Composteláns
A Asociación Cultural-Musical de Antiguos Tunos Compostelanos e Amigos do Museo Casa de la Troya
A Asociación de Antigos Tunos Compostelanos constituíuse no ano 1979, constando rexistrada desde 1988 no Censo de asociacións e entidades culturais de Galicia. Desde a súa inauguración en 1993, a Asociación vén xestionando o Museo Casa de la Troya, que recibiu neste tempo máis de 70.000 visitantes, sendo un dos máis coñecidos e visitados de Santiago de Compostela.
A Asociación ten como obxectivos atender á conservación, mantemento e promoción do Museo Casa de la Troya; xestionar as visitas guiadas e o desenvolvemento de actividades culturais no Museo; fomentar as tradicións universitarias; colaborar na promoción e realización de actos culturais, dedicando unha atención preferente ás actividades musicais en Galicia e, especialmente, en Santiago de Compostela; e crear e consolidar unha agrupación de pulso e púa dedicada á investigación e divulgación do patrimonio musical galego de finais do século XIX e comezos do XX.
Na Asamblea da Asociación celebrada o 25 de marzo do 2017, acordouse a modificación dos estatutos e do nome da Asociación, pasando a denominarse como Asociación Cultural-Musical de Antiguos Tunos Compostelanos e Amigos do Museo Casa de la Troya. Nos devanditos estatutos acentuouse o carácter musical da Asociación e creouse a figura de “Amigo do Museo”.
Na actualidade conta con máis de 75 socios, que colaboran co sostemento do Museo e participan nas súas actividades.
Composición da Xunta Directiva:
- Presidente: Benigno Amor Barreiro
- Vicepresidente 1.º: Juan Carlos Díaz del Valle
- Vicepresidente 2.º: Manuel Fraga Carou
- Secretario: Fausto Santamarina Fernández
- Tesoureiro: Alejandro Otero Jamardo
- Vogal: Francisco Durán Villa
- Vogal: José Antonio González Vázquez
- Vogal: Esteban Ibáñez Nájera
- Vogal: Antonio J. Cons Ferreiro
- Vogal: Eugenio García González
- Vogal: Manuel Amenedo Villar