O Padroado

O Padroado da Casa de la Troya

O Padroado da Casa de la Troya constituíuse o día 16 de novembro de 1980, presidindo o acto fundacional o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, D. José María Suárez Núñez.

O Padroado

Nos seus estatutos fundacionais estableceuse como obxectivos principais “a creación e conservación dun Museo Troyano, no que se recollan os mitos e realidades da vida estudantil compostelá e a contorna social na que está enmarcada; recoller e fomentar as tradicións universitarias compostelás; e colaborar na promoción e realización de actos culturais na Cidade”.

Andando no tempo, o Pleno da Corporación Municipal do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria celebrada o 30 de maio de 1984, sendo Alcalde Presidente D. Xerardo Estévez Fernández, aprobou por unanimidade a cesión en uso ao Padroado Casa de la Troya, polo prazo de cincuenta anos, do inmoble nº 5 da rúa da Troia “para a instalación dun museo de época que reflicta o ambiente compostelán de finais do século XIX e principios do século XX”.

A finais dos 80 e comezo dos 90 acometeuse a tarefa de realizar as obras de rehabilitación e adecuación do inmoble para convertelo en museo, así como a adquisición de mobiliario de época e aveños para dotalo. A casa abriu as súas portas como museo o 27 de febreiro de 1993, sendo Vicepresidente 3º e Presidente da Asociación de Antigos Tunos Composteláns D. Benigno Amor Rodríguez, quen lle dedicou a este proxecto máis de vinte anos da súa vida. O acto foi presidido polo Presidente da Xunta de Galicia naquel momento, D. Manuel Fraga Iribarne.

Este espazo conta coa condición de “Museo” en virtude da resolución expedida pola Dirección Xeral de Patrimonio Histórico e Monumental en data 19 de novembro de 1993..

Composición do Padroado

  • Presidente: Antonio López Díaz, Reitor Magnífico da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Vicepresidente 1.º: Goretti Sanmartín Rei,
    Alcaldesa Presidenta do Concello de Santiago de Compostela.
  • Vicepresidente 2.º: Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
  • Vicepresidente 3.º: Benigno Amor Barreiro, Presidente da Asociación Cultural-Musical de Antiguos Tunos Compostelanos e Amigos do Museo Casa de la Troya.
  • Secretario: Fausto Santamarina Fernández, Secretario da Asociación Cultural-Musical de Antiguos Tunos Compostelanos e Amigos do Museo Casa de la Troya.
  • Tesoureiro: Alejandro Otero Jamardo, Tesoureiro da Asociación Cultural-Musical de Antiguos Tunos Compostelanos e Amigos do Museo Casa de la Troya.
  • Vogal: Eva López Barrio, Presidenta da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Vogal: Juan Carlos Díaz del Valle, Vicepresidente 1º da Asociación Cultural - Musical de Antiguos Tunos Compostelanos e Amigos do Museo Casa de la Troya.
  • Vogal: Manuel Fraga Carou, Vicepresidente 2º da Asociación Cultural - Musical de Antiguos Tunos Compostelanos e Amigos do Museo Casa de la Troya.