Padroado
Casa da Troya
A Asociación de Antigos Tunos Composteláns serviu de base para crear un Padroado que preside o reitor da Universidade de Santiago e no que tamén figuran o Concello de Santiago e a Xunta de Galicia.
O Padroado da Casa da Troya constituíuse o 16 de novembro de 1980. Nos seus estatutos fundacionais establecíase que a súa finalidade principal era “a creación e conservación dun Museo Troiano, no que se recollan os mitos e realidades da vida estudantil compostelá e o contorno social; recoller e fomentar as tradicións universitarias compostelás; e colaborar na promoción e realización de actos culturais na cidade”. Cumprindo co seu propósito, o Museo Casa da Troya inaugurouse o 27 de febreiro de 1993.
Composición do Padroado
- Presidente: Antonio López Díaz, reitor da Universidade de Santiago de Compostela.
- Vicepresidente 1º: Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago de Compostela.
- Vicepresidente 2º: Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
- Vicepresidente 3º: Benigno Amor Barreiro, presidente da Asociación de Antigos Tunos Composteláns.
- Secretario: Mariano Sierra Rodríguez, secretario da Asociación de Antigos Tunos Composteláns.
- Tesoureiro: Alejandro Otero Jamardo, tesoureiro da Asociación de Antigos Tunos Composteláns.
- Vogal: Benita Silva Hermo, presidenta da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela.
- Vogal: Manuel Fraga Carou, vogal da Asociación de Antigos Tunos Composteláns.