A película

«La Casa de la Troya» foi levada ao cine ata en cinco ocasións. A primeira película, de 1924, dirixiuna o propio Pérez Lugín. Trátase dunha cinta muda. En 1925, Troya Film, da que tamén era socio Lugín, estreouna ao mesmo tempo na Zarzuela de Madrid e en Barcelona. Nesta versión a Casa da Troia sitúase na Casa do Cabido, Carmiña vive na Casa da Parra e a súa residencia familiar é o Pazo de Oca.

Ambientada na Compostela universitaria de finais do século XIX, foi un dos grandes éxitos cinematográficos da época. A través do filme faise tamén un percorrido polas cidades galegas de Vigo, A Coruña e Betanzos.

Consérvase unha copia da película na Filmoteca Nacional e no Centro Galego de Artes da Imaxe da Coruña -CGAI-, que a restauraron no ano 2003.

A versión cinematográfica máis popular é a de 1959, a primeira que se rodou en cor, dirixida por Rafael Gil e protagonizada por Arturo Fernández e Ana Esmeralda. O actor Pepe Isbert fixo unha contribución maxistral no papel do catedrático Don Servando. [ver enlace]

Estrea da película en Pontecesures, en 1925

Ficha técnica

[Ver o inicio da película]